O Celta viaxa a Málaga a reconquistar os postos de Champions
O Celta de Vigo afronta hoxe en Málaga a partir das 22:05 o seu primeiro compromiso do ano, co claro obxectivo de reconquistar o cuarto posto que abandonou trala axustada derrota do pasado mércores ante o Athletic de Bilbao

O Celta de Vigo afronta hoxe en Málaga a partir das 22:05 o seu primeiro compromiso do ano, co claro obxectivo de reconquistar o cuarto posto que abandonou trala axustada derrota do pasado mércores ante o Athletic de Bilbao. Se consiguen impoñerse no partido desta noite, os celestes durmirían de novo en postos de Champions, á espera do que faga o Villareal no seu compromiso de mañá ante o Deportivo da Coruña.
Pero para comezar con bo pé este novo ano o equipo vigués deberá superar a ausencia do seu xa excapitán Augusto, que deixou o Celta esta mesma semana para integrarse no Atlético de Madrid. A baixa do centrocampista arxentino supón un duro golpe para o equipo de Berizzo, que deberá reaxustar a alineación que presenta para asegurar o éxito nesta nova etapa que dará comezo esta noite ante o Málaga.
Terán que facer fronte a un equipo que chega motivado tras vencer nos seus últimos compromisos, despois de abandonar os postos de descenso e encaramarse á 11ª posición con 20 puntos. A favor do Celta están os datos históricos: das catro 9 veces que visitou ao Málaga na Rosaleda en primeira división resultou gañador en 4 ocasións, empatou en 3 e tan só perdeu en 2 ocasións.
Escribe tu comentario