O Celta acusa as súas baixas e perde en Málaga

O Celta de Vigo perdeu onte a oportunidade de empezar o ano cunha victoria que o tería devolto aos postos de Champions, perdendo por 2-0 ante o Málaga. Os cambios plantexados por Berizzo non foron suficientes para paliar importantes baixas como a de Nolito, lesionado, ou a de Augusto, que deixou o club esta semana para converterse en xogador do Atlético de Madrid.


|


O Celta de Vigo perdeu onte a oportunidade de empezar o ano cunha victoria que o tería devolto aos postos de Champions, perdendo por 2-0 ante o Málaga. Os cambios plantexados por Berizzo non foron suficientes para paliar importantes baixas como a de Nolito, lesionado, ou a de Augusto, que deixou o club esta semana para converterse en xogador do Atlético de Madrid. 


O Celta comezou o partido con forza, pero o Málaga foi máis efectivo, adiantándose no minuto 7 tras un saque de córner. Non se achicaron os celestes, que pudieron empatar no minuto 20 tras un bo centro de Iago Aspas que Orellana rematou lixeiramente desviado. 

Pero o que conseguiu marcar de novo foi o Málaga, tras un novo saque de esquina converteu o seu segundo remate no segundo gol que finalmente lle daría a victoria. De pouco lle serviu ao Celta seguir apretando no que restaba do primeiro tempo. O equipo vigués puido marcar no minuto 41 tras unha xogada colectiva que rematou no longueiro, encargado de impedir que o Celta recortara distancias antes do descanso. Así as cousas, os celestes volveron ao vestuario cun castigo un tanto excesivo, ante un equipo que rentabilizou perfectamente as súas ocasións. 


Trala reanudación, o Celta saíu a dominar o partido e comezou a enlazar chegadas. Berizzo cambiou a Jonny por Bongonda para aumentar a capacidade ofensiva do seu equipo. Pero o partido rematou bruscamente para os celestes no minuto 63, cando o gardameta Rubén Blanco foi expulsado tras provocar un penalti dubidoso. Cerraba así o canteirán celeste unha noite negra, rematando expulsado tras encaixar dous goles nos que quizais puido facer máis. 


Entrou Sergio na portería, conseguindo deter o penalti e evitando o 3-0. O Celta seguiu intentando recortar distancias con 10, pero non parecía ser o día. Comeza por tanto o ano cunha derrota, que lle impide volver aos postos de Champions que abandonou o pasado mércores tras perder ante o Athletic. 


FICHA TÉCNICA


2-Málaga CF: Kameni, Rosales, Albentosa, Weligton, Boka, Camacho, Recio, Juanpi (Duda, min.81), Amrabat, Čop (Pablo, min.61) y Charles (Ontiveros, min.88)


0-RC Celta: Rubén Blanco, Jonny (Bongonda, min.56), Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas (Radoja, min.77), Wass, Pablo Hernández, Orellana, Señé (Sergio, min.65) y Iago Aspas


Goles: 1.0, min.7: Charles; 2-0, min.20: Albentosa


Árbitro: Vicandi Garrido, del comité vasco. Amonestó a Cabral, Pablo Hernández, Amrabat, Recio, Camacho, Charles


Campo: La Rosaleda

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE