#Claves de la semana

Riazor acolle un duelo de altura

O Deportivo da Coruña recibe este domingo en Riazor a un Villareal en estado de gracia, que chega tras encadear 4 victorias consecutivas ante equipos tan destacados como o Real Madrid. O Deportivo tamén chega nun gran momento de forma, encaramado á sexta posición da tabla clasificatoria e avalado por unha racha de resultados nada desdeñable.


|


O Deportivo da Coruña recibe este domingo en Riazor a un Villareal en estado de gracia, que chega tras encadear 4 victorias consecutivas ante equipos tan destacados como o Real Madrid. Os amarelos acuden ademais cun extra de motivación, tralo pinchazo do Celta en Málaga ten unha oportunidade de ouro para afianzarse na cuarta posición, pondo distancia de por medio cos dous clubes galegos de primeira. 


Por suposto, o equipo coruñés non llo porá nada fácil. O Deportivo tamén chega nun gran momento de forma, encaramado á sexta posición da tabla clasificatoria e avalado por unha racha de resultados nada desdeñable. Os coruñeses levan 10 partidos consecutivos sen coñecer a derrota, 6 xornadas seguidas de Liga puntuando como locais en Riazor. Aínda así, o seu entrenador Víctor Sánchez sigue amosándose prudente. Afirma que son ambiciosos e que intentarán acabar a tempada o máis arriba posible, pero que o seu obxectivo inmediato é conseguir tres puntos máis cara o obxectivo da permanencia. 


O entrenador do Villareal, Marcelino García, recoñeceu que lles esperaba un partido moi complicado, ante un rival moi ben organizado e con moita velocidade no contragolpe. Tamén fala de prudencia, pero recoñece que ser cuarto é positivo, demostra que fixeron as cousas ben e que a partir de ahí deben seguir. 

Neste momento, o único que parece seguro é que esta tarde ás 18:15 poderemos disfrutar dun duelo de gran nivel, un dos encontros máis interesantes desta 18ª xornada de Liga. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE