Un penalti no desconto tumba ao Dépor

Un dubidoso penalti pitado no minuto 93 deulle a victoria ao Villarreal nun partido que parecía destinado a rematar en empate. Foi unha tarde aciaga para o Deportivo da Coruña, que se desquiciou coas decisións arbitrais que deixaron sen pitar dous posibles penaltis ao seu favor, para despois condenalos cun castigo excesivo no tempo de desconto.



|



Un dubidoso penalti pitado no minuto 93 deulle a victoria ao Villarreal (1-2) nun partido que parecía destinado a rematar en empate. Foi unha tarde aciaga para o Deportivo da Coruña, que se desquiciou coas decisións arbitrais que deixaron sen pitar dous posibles penaltis ao seu favor, para despois condenalos cun castigo excesivo no tempo de desconto.


O propio entrenador branquiazul, Víctor Fernández, queixábase na zona mixta do que considera unha diferencia de criterio: "No sé si después de la jugada de Areola con Arribas, que le ha golpeado con los puños en la cara y le ha dejado noqueado lo que quedaba de partido y no se considera eso penalti… Me parece bastante diferencia de criterio, pero no vamos a poner excusas a la derrota”.


Aínda así, o técnico amosouse satisfeito coa actuación dos seus xogadores e coa imaxe que ofreceu no seu conxunto o Deportivo, tanto que chegou a afirmar que “para nosotros un punto hubiera sido poco premio al trabajo del equipo durante los noventa minutos”.


E é que a derrota de onte en Riazor foi sen dúbida un castigo excesivo para un Deportivo que despregou un bo xogo durante a meirande parte do encontro. Tras un comezo tibio no que ambos equipos semellaban un tanto ríxidos, o gol do Villareal no minuto 36 cambiou o ritmo do partido, cun Dépor que comezou a buscar con esforzo dárlle a volta ao encontro.


Tralo descanso o Dépor entrou con forza, nada máis reanudarse o encontro un gol de Luis Alberto igualaba o resultado e comezaba un segundo tempo dominado polo equipo coruñés. Pero as boas ocasións non bastaron para poñerse por diante, rematando o partido con esta inxusta derrota que pon fin á boa racha do Deportivo en Riazor. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE