A saraiba e as primeiras nevadas dificultan a circulación

|


O mal tempo segue sen dar tregua neste novo ano. O temporal que azouta Galicia ten baixado a cota de neve ata os 700 metros neste martes. Chegan as primeiras nevadas do ano, segue chovendo e por conseguinte comezan a aparecer algúns incidentes circulatorios vinculados a estas malas condicións metereolóxicas. 


As primeiras nevadas seguen causando problemas de circulación nas estradas das catro provincias galegas. Segundo informaron dende a Central de Atención a Emerxencias, problemas nas vías dos concellos lucenses de A Fonsagrada, Baleira e Becerreá, Vimianzo (A Coruña) e Bande (Ourense) sumáronse aos rexistrados a primera hora en A Cañiza (Pontevedra) e A Laracha (A Coruña), donde o xeo e a neve causaron sendos accidentes. 


Así, ás 11:30 un conductor resultou ferido tras saírse da vía no cruce de Baíñas, en Vimianzo (A Coruña) a causa das placas de xeo que cubrían a calzada.


Varios conductores quedaron parados en diferentes puntos da rede viaria lucense pola acumulación de neve ou pola presenza de xeo, como no Alto de Acevo, en A Fonsagrada; no Alto da Vacariza, en Baleira; no Lugar de Fontarón, en Becerreá. Nestas zonas houbo vehículos que teveron que esperar ata que as máquinas de limpieza liberasen as estradas para continuar la marcha.


Tamñen en Bande, en Ourense, a estrada que se dirixe á veciña localidade de Xinzo presentaba unha importante acumulación de neve que impedía a circulación. 


Todas estas incidencias únense ás de primeira hora da mañá. En torno ás oito unha conductora perdeu o control do seu vehículo na autopista A-52 en sentido Vigo ao seu paso por A Cañiza. Pouco despois, ás oito e media, outro conductor tamén sufriu un accidente na AG-55 á altura de A Laracha, entre Sián e o Polígono Industrial de Carballo. Neste caso, e segundo informou a víctima, o accidente estivo motivado pola presencia de sarabela na estrada. 




Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress