A obra "Querido Tomás" de Neira Vilas chega por primeira vez aos teatros

|

Xosé Neira Vilas e a súa obra seguen moi presentes na vida cultural galega. Se o martes celebramos o 55 aniversario da publicación das "Memorias dun neno labrego", este mesmo venres poderemos descubrir a primeira adaptación teatral da novela "Querido Tomás". 


Trátase dun proxecto posto en marcha por Noelia Toledano xunto ao propio Neira Vilas, e que agora se presenta ao público como homenaxe ao autor de Vila de Cruces, falecido o pasado 27 de Novembro. A representación será a encargada de abrir este venres ás  20.30 a carteleira do Salón Teatro de Santiago para este ano.


Recuperando o espírito da obra escrita por Neira Vilas na Habana en 1980, o espectáculo achéganos a historia de Sara, unha mestra do rural galego que vive marcada por unha historia amorosa quebrada pola emigración. Amor, tenrura e compromiso social son algúns dos eixos temáticos desta peza escénica, ao que o propio autor contribuíu coas súas achegas durante o proceso de produción. 


Noelia Toledano é a directora desta produción da asociación My Art Project, ademais de asinar a dramaturxia e de lle dar vida á personaxe de Sara desde unha dobre perspectiva: a do pasado e a da actualidade. Esta dualidade temporal reflíctese igualmente na música composta por Isaac Garabatos para esta montaxe, construída a partir da combinación do monólogo con diferentes pezas audiovisuais realizadas por Pepe Castro. Cóntase, así mesmo, coa colaboración dos actores Alejandro Carro e Xoque Carbajal, que a través destes audiovisuais se poñen na pel do Tomás do pasado e mais do presente.


Tamén forman parte do equipo de ‘Querido Tomás’ Miro Magariños como axudante de dirección, asesor lingüístico e técnico de luz e son; María Tizado, a cargo do atrezzo; e Carlos Montes, axudante de produción e técnico audiovisual.

Amor, tenrura e compromiso social

relacionada Neira Vilas pónlle nome ao auditorio do Arquivo de Galicia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress