JE SUIS CHARLIE

Manuel Fernando González Iglesias

Non me perdoaría a min mesmo non lembrar un ano despois o espantoso asasinato dos nosos compañeiros de Charlie Hebdo, quen, aínda esperan, que se resolva o caso aclarando as circunstancias e todos os autores do atentado.



Ninguén, no seu san xuízo, entende que á prensa libre sexa silenciada pola vía das armas, como, tampouco é de recibo que a relixión, sexa cal for o credo, impoña a súa "espiritualidade" a tiros aos non crentes e aos ateos.



Os xornalistas de Charlie Hebdo obrigáronse durante o seu quefacer profesional, a debuxar un sorriso no rictus dos seus lectores a través dun humor irreverente e corrosivo. Non compartir a súa forma de entender a sociedade, non xustifica que uns bárbaros os eliminaran sen darlles a oportunidade nin de despedirse das súas familias.




Lembralos é unha honra e rezar por eles e polos seus asasinos, a iniciativa pacífica que algúns adoptaremos no primeiro aniversario desta terrible traxedia. Compañeiros, sempre vos lembraremos.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE