O Celta sentencia os octavos de Copa

O Celta de Vigo fixo os deberes no campo do Cádiz, gañando por 3-0 nun partido no que os celestes foron claramente superiores. Dous tantos de Guidetti e un de Jonny converten o partido de volta do vindeiro mércores en Balaídos nun trámite para un Celta cun pé e medio nos cuartos de Copa.


|


O Celta de Vigo fixo os deberes no campo do Cádiz, gañando por 3-0 nun partido no que os celestes foron claramente superiores. Dous tantos de Guidetti e un de Jonny converten o partido de volta do vindeiro mércores en Balaídos nun trámite para un Celta cun pé e medio nos cuartos de Copa.


Foi un partido de comezo rápido, cuns primeiros minutos frenéticos. O Cádiz saíu a por todas, presionando con intensidade e creando varias ocasións de perigo ante un Celta un tanto sorprendido.


Pero o control do Cádiz tan só durou vinte minutos, a partir de ahí os celestes recuperaron con tranquilidade o dominio do partido. No minuto 24 o encontro xa era do Celta, e os vigueses non perdoaron. Orellana habilitou a Guidetti, que penetrou na área rematando con dureza para adiantar o marcador. 


O equipo vigués seguiu dominando durante todo o primeiro tempo, aínda que non conseguiu ampliar a súa ventaxa ata a reanudación. No minuto 12 do segundo tempo Jonny rematou dende a frontal, o balón rebotou nun defensa e acabou na rede.


Pasada a media hora, outra gran xogada de Jonny puido acabar cun espectacular remate de chilena de Señé. O porteiro conseguiu rexeitalo, pero ahí estaba atento Guidetti para sentenciar definitivamente a eliminatoria, culminando unha boa actuación a nivel persoal. 


FICHA TÉCNICA

0-Cádiz CF: Pol Ballesté, Luis Pavez, Aridane, Josete, Andrés; David Sánchez, Mantecón (Álvaro, min.57), Salvi, Quintana, Fran Machado (Abel Gómez, min.74), Lolo Plá (Guiza, min.77)


3-RC Celta: Rubén Blanco, Jonny, Cabral (Hugo Mallo, min.46), Sergi Gómez, Planas, Radoja (Wass, min.74), Borja Fernández, Madinda, Orellana (Señé, min.60), Drazic y Guidetti


Goles: 0-1, min.24: Guidetti;: 0-2, min.57; Jonny; 0-3, min.79: Guidetti


Árbitro: Undiano Mallenco, del comité navarro, amonestó a Andrés


Campo: Ramón de Carranza 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE