MADAYA

Manuel Fernando González Iglesias

Rompe a alma ver como decenas de persoas morren de fame en Madaya en plena guerra siria, mentres aquí discutimos polo dereito a decidir ou a presidencia do Congreso. Ninguén parece darse de conta de que o mundo se volveuse tolo, e que camiñamos como zombis polos espazos ficticios que crearon mediocres que ademais presumen de demócratas. 


E con todo Madaya está aí, lembrándonos con imaxes de nenos esqueléticos e maiores rebuscando entre as ruínas a gatos e cans cos que poder levar á boca dos seus fillos, algún alimento que lles alargue a agonía que padecen, que a política só serve se é útil á xente. Vése que a infamante foto do pequeno Aylan varado eternamente nunha praia da costa turca non foi suficiente para que as nosas deputadas e deputados  se dean de conta de que "o seu" non ten importancia e que o que lle esiximos nos apartados de xustiza social ou emprego entra no seu soldo e ademais, é prioritario.




A paciencia esgótase e unha nova sociedade máis xusta e solidaria chama á porta. Abrámola de par en par.



Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE