O Celta non pode co líder

O Celta de Vigo caeu este domingo por 0-2 ante un gran Atlético de Madrid, que amosou en Balaídos os argumentos que o ten levado a liderar a clasificación da Liga. Os celestes intentárono con vontade e ilusión, pero non puideron facer nada ante un equipo ordenado, disciplinado e nun gran estado de forma.


|


O Celta de Vigo caeu este domingo por 0-2 ante un gran Atlético de Madrid, que amosou en Balaídos os argumentos que o ten levado a liderar a clasificación da Liga. Os celestes intentárono con vontade e ilusión, pero non puideron facer nada ante un equipo ordenado, disciplinado e nun gran estado de forma. 


Notáronse unha vez máis as ausencias do Celta, que bota de menos ao lesionado Nolito e ao emigrado Augusto, dous xogadores de gran importancia para os que Berizzo aínda non ten recibido reemplazo. 


A superioridade do Atlético de Madrid foi clara, aínda que non conseguiron adiantarse no marcador ata o segundo tempo. Tres minutos despois da reanudación, Griezmann rematou un centro dende a liña de fondo para adiantar o seu equipo no marcador. O Celta buscou o empate sen éxito, Carrasco sería o encargado de sentenciar o partido anotando un balón rexeitado tras un saque de esquina no minuto 73,


Mala forma de rematar unha gran primeira volta de Liga para o Celta, que segue quinto na clasificación xeral. Porén, os postos de Champions comezan a quedar máis lonxe, o Villareal ten aproveitado os pinchazos dos celestes para distanciarse, a cuarta posición xa se sitúa a nada menos que oito puntos. 


FICHA TÉCNICA


0-RC Celta: Sergio, Hugo Malo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja (Guidetti, min.73), Pablo Hernández (Borja Fernández, min.80), Wass, Orellana, Bongonda (Señé, min.85) y Iago Aspas.


2-AT. Madrid: Oblak, Godín, Filipe Luis, Koke, Griezmann (Gámez, min.82), Augusto Carrasco, min.54), Gabi, Saúl, Juanfran, Vietto (Jackson, min.75) y Giménez.


Goles: 0-1, min.48: Griezmann; 0-2, min.79: Carrasco.


Árbitro: De Burgos Bengoetxea, del comité vasco. Amonestó a Filipe Luis, Pablo Hernández y Radoja.


Campo: Balaídos, 13.550 espectadores.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE