#Claves de la semana

A Deputación pensa ceder de novo a xestión do Dolmen de Dombate

A Deputación da Coruña manifestou mediante un comunicado a súa intención de asinar nas vindeiras semanas un convenio polo que lle cederá unha vez máis a xestión do Dolmen de Dombate ao Concello de Cabana de Bergantiños, establecendo unha comisión paralela de seguimento do xacemento. 


|


A Deputación da Coruña manifestou mediante un comunicado a súa intención de asinar nas vindeiras semanas un convenio polo que lle cederá unha vez máis a xestión do Dolmen de Dombate ao Concello de Cabana de Bergantiños, establecendo unha comisión paralela de seguimento do xacemento. 


Deste xeito, o concello seguiría quedando encargado de xestionar as visitas libres e guiadas, ademais do programa anual de actividades. Paralelamente estableceriase unha "comisión político-técnica" composta por catro membros nomeados pola deputación, catro polo concello e catro pola Xunta. A súa labor sería "facer seguimento dos termos do convenio e das esixencias específicas de preservación e posta en valor dun monumento da singularidade do Dolmen de Dombate".


Polo de agora, o Concello de Cabana xa presentou un programa de actividades para o presente ano que, segundo a Deputación, son coidadosas coa protección do dolmen e que comezarán en breve co inicio das visitas guiadas deste ano máis a mostra de fotos antigas “Inverno da memoria” que abrirá en breve no espazo expositivo anexo.


A decisión da Deputación vai en contra das reclamacións da plataforma Salvemos Cabana, que pedía este mesmo martes que non se renovase o convenio co Concello de Cabana, denunciando a utilización do monumento "como mero salón de actos para a realización incontrolada de todo tipo de actividades" poñendo en perigo a súa conservación. 



relacionada Salvemos Cabana segue reclamando un cambio na xestión do Dolmen de Dombate
relacionada La gestión del Dolmen de Dombate podría poner en peligro su conservación
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE