#Claves de la semana

Acerga levanta o campamento para volver ao mar

Os cerqueiros continuarán a loita nos tribunais e nos despachos dos políticos


|



O presidente da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga), José Blanco, asegurou que o levantamento do campamento que o sector levou a cabo o últimos tres meses ante a sede a Xunta en Santiago non significa que se retiren da "loita", que continuarán nos "tribunais", os "despachos dos políticos" e a través de manifestacións.



Acerga realizou este domingo un acto simbólico para levantar a acampada que os armadores dos máis de 100 barcos que representa levaron a cabo para reclamar unha repartición "xusta" das cotas pesqueiras por barco e tripulante e non por criterios históricos.



A preguntas dos medios, Blanco explicou que os cerqueiros retiran o campamento "porque teñen que ir ao mar", posto que necesitan os ingresos que este lles reporta. Así mesmo, engadiu que, aínda que se conseguiu unha mellor repartición das cotas, aínda non é suficiente.



Así mesmo, reiterou que a frota galega do cerco se uniu para axudar a aqueles que quedaron "totalmente desamparados" trala repartición das cotas e denunciou a actitude dalgúns mariñeiros que son "novos emprendedores" que se centran no diñeiro.



Nese senso, referiuse á asociación que aglutina á trintena de armadores galegos que non se inclúen en Acerga, a Asociación de Cerqueiros Galegos, ao considerar que foi creada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, para "presionar" aos armadores da frota pequena, que desaparecería " de non unirse.



Con todo, recoñeceu que a maior vitoria que se conseguiu a través da acampada foi que a Xunta admitise que a inicial repartición das cotas non foi correcta.



REGRESO AO MAR


Pola súa banda, unha das voceiras das mulleres do cerco, Lucía Olveira, explicou que os membros da Acerga decidiron saír ao mar de novo este luns.



Ademais, preguntada pola declaracións da Federación Galega de Confrarías sobre a súa problemática, Olveira expresou que "non lles representa", posto que non están de acordo co que din e cren que "debe haber cambios".


Ao acto simbólico de levantamento da acampada acudiron representantes de distintas forzas políticas como o PSdeG, BNG, AGE ou sindicatos como a CIG.



Precisamente, en declaracións aos medios, a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, lamentou que a situación que atravesan os cerqueiros galegos se debe á postura do Partido Popular (PP), caracterizada por "estar de costas á xente" e "non sentar nunha mesa" e tentar chegar a acordos.



Ademais, sinalou que este é un "sector estratéxico" en Galicia e que o seu partido continuará apoiando aos homes e mulleres que se manifestan pola situación actual porque considera que "non se pode facer oídos xordos a unha situación tan dramática", senón que se deben buscar "solucións".


relacionada El cerco volverá al mar la semana que viene
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE