A CIG denuncia amoreamentos no hospital de Lugo

"Non hai ningunha planificación feita para facilitar a adecuada estancia aos pacientes", denuncia o sindicato, que ve esta situación "crónica e reiterativa", ademais de "empeorar no tempo".


|


A Sección Sindical da CIG-Saúde envioulle un escrito "á xerencia da área integrada de Lugo, no que denuncia unha situación de "amoreamento" nas urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti durante a noite do pasado domingo 24 de xaneiro. 


Denuncian que "debido a unha intensa afluencia quedaron pacientes na sala de espera", onte tiveron que pasar a noite nas camas que lles facilitaron. Sinalan que algúns deles "non puideron pasar a a observación porque se atopaba cheo, e algún que outro estaba pendiente de ingreso".


Dende a CIG lembran que neste hospital hai "dúas plantas completamente pechadas e outra máis que só está dedicada á atención de pacientes cirúrxicos" e que, por tanto, "non se pode contar con ela para facer ingresos ordinarios".


"Non hai ningunha planificación feita para facilitar a adecuada estancia aos pacientes", denuncia o sindicato, que ve esta situación "crónica e reiterativa", ademais de "empeorar no tempo".


O sindicato admite que polo de agora non lle poden botar en cara a situación ao novo xerente, Ramón Ares, pero lémbranlle a "responsabilidade que terá de agora en diante". 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE