O Dépor saca un empate que sabe a pouco en Riazor

O Deportivo sumou un novo empate en Riazor contra o Rayo Vallecano, pero deixando sensacións moi superiores ás dos últimos encontro


|


O Deportivo sumou un novo empate en Riazor contra o Rayo Vallecano, pero deixando sensacións moi superiores ás dos últimos encontros. Dous errores defensivos impediron que os coruñeses sacaran máis rendemento dos dous golazos de Lucas e Fayçal. Rematou o partido cun 2-2 que sabe a pouco, sobretodo despois dunha segunda metade na que o Dépor foi claramente superior. 


Manu Fernández foi finalmente o gardameta elixido para ocupar a portería deportivista ante a sanción por acumulación de amoestacións de Germán Lux, converténdose no único cambio que Víctor Sánchez do Amo introduciu no once branquiazul con respecto ao partido da pasada xornada ante o Valencia.


Despois dun tramo inicial de tanteo, o Dépor foi o primeiro en fallar e Miku adiantou ao Rayo, remachando na área pequena un servizo desde a dereita de Quini. Corría o minuto 7.


Aos 18 minutos, chegou o empate. Arribas recuperou en defensa, abriu para Fernando Navarro. O lateral esquerdo buscou un balón entre liñas para Luís Alberto, que se virou e viu a Lucas completamente só no extremo dereito. O dianteiro deportivista perfilouse cara ao seu lado bo para definir coa zurda, por baixo, ante Juan Carlos. Con este tanto, que non festexou polo seu pasado rayista, Lucas Pérez alcanzou os 14 no que vai de Liga.


Durou pouco a alegría, porque o Rayo volveu adiantarse aos 22 minutos. Miku interceptou un pase de Manu Fernández a Arribas. O venezolano cedeu á súa esquerda para que Jozabed, en posición dubidosa, marcase a pracer, deixando o marcador no 1-2 co que se chegou ao descanso. 


Trala reanudación, o Dépor saiu con todo. Non pasara aínda un minuto cando Fayçal Fajr empataba de novo a contenda. O centrocampista recolleu un despexe de cabeza de Perico, levantou a cabeza e cun impresionante disparo en parábola superou a estirada de Juan Carlos, que segundos antes desbaratara cunha sensacional parada unha gran ocasión de Cani.


Tras conseguir o empate, o resto do encontro estivo claramente dominado polos coruñeses, que tiveron varias oportunidades para poñerse por dediante. Pero o marcador non volveu a moverse, polo que o Dépor tivo que conformarse co seu duodécimo empate en 22 xornadas. Os deportivistas alcanzan os 30 puntos, con dez de vantaxe sobre a zona de descenso que marca, precisamente, o Rayo Vallecano.


FICHA TÉCNICA


RC Deportivo: Manu Fernández, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Fayçal Fajr, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Cani (Jonathan Rodríguez, min. 73), Luís Alberto e Lucas.


Rayo Vallecano: Juan Carlos, Quini, Zé Castro, Perico, Nacho (Raúl Baena, min. 55), Diego Llorente, Trashorras (Javi Guerra, min. 59), Pablo Hernández (Piti, min. 71), Jozabed, Bebé e Miku.


Goles: 0-1 Miku (min. 7); 1-1 Lucas (min. 18); 1-2 Jozabed (min. 22); 2-2 Fayçal Fajr (min. 46).


Árbitro: Vicandi Garrido (C. vasco). Non mostrou cartóns.


Incidencias: partido da 22ª xornada de Primeira División disputado no Estadio de Riazor ante 19.055 espectadores. No descanso, o delegado do RC Deportivo Juan Anxo Barros Botana recibiu de mans do presidente un brazalete conmemorativo dos seus 25 anos como delegado (Dépor - Raio, 3 de febreiro de 1991) e a exclusiva figura de Sargadelos, agasallo institucional do Club.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE