#Claves de la semana

Kentaro, o lince viaxeiro, chegou a Ourense

Kentaro é un lince ibérico que naceu en catividade en 2014, no seo do programa de reintroducción Life+IBERLINCE, un proxecto levado a cabo entre España e Portugal para a recuperación e coidado desta especie. Cando estivo listo, foi ceibado nos Montes de Toledo e, desde entón, ten andado más de 2.400 kilómetros. E agora anda xa polos montes de Ourense.


|



Kentaro é un lince ibérico que naceu en catividade en 2014, no seo do programa de reintroducción Life+IBERLINCE, un proxecto levado a cabo entre España e Portugal para a recuperación e coidado desta especie. Cando estivo listo, foi ceibado nos Montes de Toledo e, desde entón, ten andado más de 2.400 kilómetros. E agora anda xa polos montes de Ourense.


Grazas ao colar GPS-GSM que leva o animal, os técnicos que traballan no programa poden rastrexar todos os seus movementos. Despois de liberado, Kentaro dirixiuse ao norte, recorreu Castela e León, andou por Portugal e agora está por territorio galego.


Na súa viaxe tivo de salvar moitos obstáculos, vías do AVE, ríos, represas e cruzar estradas, un dos maiores perigos, debido a que moitos linces morren atropelados.


Os linces ceibados adoitan asentarse e non moverse máis alá dun radio de 40 kilómetros. Pero hai outros máis aventureiros, como Kentaro ou Hongo, un exemplar ceibado en Doñana e que lamentablemente morreu atropelado en Vila Nova da Barquinha (Portugal) en 2015.


Kentaro naceu no Centro de Cría en Cautividade de Silves (Portugal) e foi soltado nos Montes de Toledo xunto ao seu irmán Khan, que agora está en terras portuguesas despois de facer máis de 1.600 kilómetros.


O sistema de xeolocalización permite aos técnicos e axentes medioambientais saber máis da conducta deste tímidos felinos, hábitos de caza, desplazamentos e uso do territorio. Agora o lince é menos esixente á hora de elixir o seu territorio para asentarse e reproducirse.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE