#Claves de la semana

Citroën optará a fabricar un novo vehículo en Vigo

A inseguridade xurídica que plantea a anulación do PXOM de Vigo podería ser sorteada cunha lei específica para Citroën



|

Citroeninterior 1


A factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën intentará facerse coa adxudicación dun novo vehículo, nun proceso no que terá que competir coas demais plantas do grupo en Europa. Así o confirmou o director da factoría Yann Martin, despois de reunirse este venres co presidente da Xunta e co conselleiro de Economía 


Martin asegura que un grupo de traballo comezará a elaborar a partir da semana próxima un plan de industrialización que lle permita optar a este novo modelo, do que non quixo aportar máis detalles por razóns de confidencialidade. 


O único que confirmou o director da factoría é que este novo modelo se enmarcaría nun 'proxecto mundo'. Se Balaídos consigue a concesión, a planta de Balaídos fabricaría ese novo vehículo para todo o mundo, algo que suporía "volumes de producción importantes. 


Martin sinala que a proposta de industrialización que presente Citroën debe ser competitiva e eficiente para impoñerse fronte ás outras candidaturas. Recoñece que será difícil, pero amósase optimista: "Estamos en guerra, e creo que imos gañar": 


A reunión co presidente da Xunta podería ter sido vital, xa que o presidente da compañía aseguraba hai tan só uns días que non estaba en condicións de plantexar escenarios de industrialización no contexto de bloque urbanístico que xeraba a ilegalización do PXOM de 2008 e a negativa de AGE para reformar a Lei do Solo. 


Pero Alberto Núñez Feijóo anunciou que ten un plan B se finalmente a enmenda para modificar a lei non prospera. Nese caso a Xunta tramitará un proxecto de lei á carta para Citroën, cun único artigo que lle permitiría á fábrica viguesa reordenar o seu espacio. 


Trátase, segundo apuntou Feijóo, dunha "lei excepcional" para unha "situación excepcional", que serviría tamén para iniciativas públicas como a Cidade da Xustiza ou a estación intermodal. 


relacionada O bloqueo urbanístico de Vigo é "un problema grave" para Citroën
relacionada AGE bloquea la reforma de la Lei do Solo
relacionada La Xunta plantea cambiar la Lei do Solo para desbloquear proyectos en Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE