#Claves de la semana

A festa resiste á choiva na semana grande do Entroido

Toda Galicia sairá á rúa deixando a vergoña na casa, desafiando ao mal tempo nunha festa que non se pode deixar pasar.

 

|



Non é que o entroido comece hoxe, xa leva un bo anaco rondando por Ourense, como ben saben en Xinzo, donde poden presumir de ter o carnaval máis longo de España. Pero esta fin de semana chegan os días grandes, nos que toda Galicia sairá á rúa deixando a vergoña na casa, desafiando ao mal tempo nunha festa que non se pode deixar pasar. Por toda Galicia proliferan festas incontables cos únicos fíos conductores da boa comida e da irreverencia. Por se alguén aínda segue sen plan ahí van unhas cantas recomendacións con algunhas, nin de lonxe todas, das festas que se celebrarán estes días na nosa comunidade. 


Este venres xa comeza a animarse o ambiente por toda Galicia, é mellor darse presa e aproveitar antes de que cheguen as choivas do sábado. Charangas, foliadas e degustacións por toda a comunidade. Pero quizais a cita máis destacada da xornada se atope na comarca do Ulla, donde desfilarán os seus típicos xenerais. Escenificando unha vez máis un dos entroidos máis antigos de galicia, os 'Xenerais do Ulla' enfrontarase subidos aos seus cabalos nun encarnizado debate dialéctico no que non deixarán títere con cabeza. 


O sábado será un dos días grandes por toda Galicia. Será día de desfiles nas principales cidades, aínda que haberá que estar atentos porque a choiva fará difícil que poidan saír. Nalgunhas cidades, como Vigo, xa anunciaron o seu aprazamento para o fin de semana seguinte. En todo caso, hay outras citas como o Bautizo do Cigarrón en Verín ou a Fariñada de Laza. 


O Domingo será o día grande en moitos puntos da comunidade, pero especialmente en Ourense, donde farán aparición moitas das personaxes máis míticas do entroido galego. Cigarróns en Verín, peliqueiros en Laza e pantallas en Xinzo protagonizarán o domingo grande do chamado triángulo máxico, no que como cada ano se esperan miles de visitantes. Tamén na capital da provincia se espera un día intenso, con desfile de comparsas e concurso de reis do Entroido 2016. 


O luns será día de volver a traballar para a metade dos galegos. Pero a outra metade continuará a festa por eles, sobretodo na incombustible provincia de Ourense. Como cada ano, Laza convoca aos valentes para unha das festas máis singulares do entroido. Pola mañá celébrase a farrapada, consistente en lanzar telas molladas a todos os que pasen pola Praza da Picota. E pola tarde comezará o mítico lanzamento de formigas empapadas en vinagre para que vaian rabiosas. A locura do entroido acada o seu punto álxido. 


O martes continúa a festa en moitos concellos galegos que elexiron este día como festivo local. O triángulo máxico de Ourense saca as súas carrozas á rúa, desafiando a todos aqueles que comecen a cansarse a quedar na casa. Na Coruña tamén celebran o día grande, con concursos de disfraces, concurso de Choqueiros e actividades variadas. 


O mércores a festa chegará por fin ao final. Aínda que por suposto haberá que despedila como se merece, hai "enterros da sardiña" programados por toda a comunidade. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE