#Claves de la semana

O PP aproba en solitario a nova Lei do Solo

O novo texto foi aprobado sen incluir a enmenda coa que os populares pretendían desbloquear a situación urbanística de Vigo, vetada por AGE


|


Non houbo sorpresas no trámite parlamentario da Lei do Solo. Tras un intenso debate que durou varias horas, a nova lei foi aprobada grazas a maioría absoluta do partido popular, pese ao rexeitamento frontal de toda a oposición. O que non conseguiron sacar adiante os populares foi a enmenda coa que pretendían sortear o bloqueo urbanístico de Vigo, vetada pola Alternativa Galega de Esquerda. 


Esta enmenda pretendía reformar o artigo 144 da lei, permitindo a construcción de proxectos de interese público como a ampliación de Citroën, a estación intermodal ou a Cidade da Xustiza, paralizados trala anulación do PXOM de Vigo de 2008.


Pero o voceiro de AGE, Antón Sánchez, confirmou no pleno que o seu grupo non cedería ás "presións" e mantería a súa negativa para esta enmenda, xa que entenden que "pouco ten que ver coa protección dos traballadores de Citroën" ou cos problemas da cidade de Vigo. Aseguran que esta modificación crearía un instrumento perigoso que afectaría a toda a Galicia, e que permitiría sacar proxectos "eludindo a participación pública" e creando unha profunda "inseguridade xurídica".


Na mesma liña pronunciouse a voceira do BNG, Ana Pontón, asegurando que esa enmenda "non ten que ver co problema concreto de Vigo, senón que esconde outro tipo de intereses" e vai crear "máis inseguridade xurídica". Aínda así, os nacionalistas non se opuxeron á súa tramitación.


Pola súa banda, dende o Partido Popular defenderon unha vez máis a conveniencia da solución plantexada para desbloquear os proxectos de interese en Vigo. O seu voceiro no debate, o deputado Jaime Castiñeira, acusou aos membros de AGE de ser unha formación que "nace coa crise económica e precisa da crise económica para seguir existindo" polo que prefiren que estemos "canto peor, mellor". Asegurou ademais que a reforma plantexada polo seu grupo non era unha "trapallada" que abriría a porta a calquera proxecto, senón que se sería necesario xustificar a súa "urxencia ou excepcional interese público". 


Dende o PSdG apoiaron a enmenda presentada polos populares, aínda que aseguraron que coa anterior Lei do Solo non tería sido necesaria.


Tralo debate de hoxe no parlamento, parece que finalmente será necesario recorre ao plan B da Xunta para desbloquear proxectos na cidade de Vigo. O presidente da Xunta confirmou a semana pasada en Citroën que se a enmenda da Lei do Solo non saía adiante tramitarían unha lei específica cun único artigo, que permitiría que Citroën fixese as obras necesarias para optar á fabricación dun novo vehículo. 


O PSdeG PROMETE DEROGAR O NOVO TEXTO


A nova Lei do Solo foi aprobada grazas á maioría absoluta do Partido Popular, pero contou co rexeitamento absoluto de toda a oposición.


De feito, dende o PSdeG xa avisaron de que esta nova lei será "derogada e sustituida" se na vindeira lexislatura lles corresponde a responsabilidade de goberno, asegurando que para aprobar esta lei sería mellor quedarnos coa anterior.


Na mesma liña, dende o bloque aseguran que se trata dunha versión empeorada da lei actual. Consideran ademais que "a nova lei nace morta", xa que foi necesario debater a súa modificación antes da súa aprobación.


Por último, dende AGE critican duramente un texto que segundo eles conduce á "liberalización e a desrregularización", continuando un modelo "obsoleto, ineficiente e fracasado".


Todos estas críticas foron rexeitadas polo PPdG, que asegurou que a nova lei supón un paso cara adiante. Negan ademais que a lei solo teña o apoio do seu grupo, pois aseguran que foi consensuada con "colectivos de todo tipo", dende "colexios profesionais, sindicatos ata persoas particulares". 



relacionada AGE confirma no Parlamento o seu veto para a reforma da Lei do Solo
relacionada AGE mantiene su postura sobre la Lei do Solo tras reunirse con Citroën
relacionada La Xunta plantea cambiar la Lei do Solo para desbloquear proyectos en Vigo
relacionada Citroën optará a fabricar un novo vehículo en Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE