#Claves de la semana

O temporal inunda Redondela

As precipitacións cebáronse con cidade de Redondela, pero tamén deixaron incidencias por toda a provincia de Pontevedra


|

(foto: Albino Martínez)


O temporal de nivel laranxa que azota hoxe a provincia de Pontevedra cebouse especialmente coa localidade de Redondela.  A choiva fixo desbordar o río Alvedosa, levantando un palmo de auga nas rúas do centro da cidade e obrigando a cortar varias rúas. 


Resulta bastante frecuente que o río suba de nivel en Redondela, pero é raro que chegue a estes extremos, afectando en gran medida ao tráfico, ás vivendas e aos comercios e xerando un elevado nivel de alarma entre os veciños. 


Outras localidades da provincia, como Moaña e Ponteareas, tamén experimentaron problemas debido a inundacións. 


Por toda Galicia sucedéronse diversas incidencias. En Poio, un muro partiuse polo peso da choiva acumulada no monte, polo que a auga e a terra caeron sobre varios chalets, rompendo cristales e entrando ata o interior. 


En Vigo, un regato que desemboca no río Lagares tamén se desbordou. Ademais, varias persoas resultaron feridas como consecuencia da caída dun muro na rúa Severino Cobas.


En Ponteareas, os bombeiros tiveron que intervir nun accidente despois de que se derrubase un talud na autovía A-52, á altura do km 270. Ademáis, o río Tea empezou a desbordarse, obrigando a auxiliar a unha persoa que quedara atascada nunha zona de fango. 


Do mesmo xeito, os bombeiros tamén tiveron que acudir en zódiac a sacar da súa vivenda a unha persoa que vive xunto ao río e necesitaba acudir ao hospital. 


As incidencias chegaron ata a illa de Ons, onde se atopaba aislado un veciño que precisaba medicación, sen poder saír a buscala debido ao mal tempo. A Garda Civil foi a encargada de recoller as medicinas en terra para trasladalas a bordo dunha patrulleira. 


En xeral, as precipitacións anegaron toda a provincia, e non está previsto que amainen coa entrada da madrugada. 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE