#Claves de la semana

Os anciáns de máis de 85 superan por primeira vez aos nenos de menos de 5

O envellecemento demográfico galego traspasou unha nova fronteira cara á inversión demográfica. Por primeira vez na historia, hai máis anciáns de máis de 85 anos que nenos menores de 5


|


O envellecemento demográfico galego é unha realidade silenciosa, un proceso lento e gradual fácil de esquecer ante problemas diarios que a miúdo semellan máis relevantes por causa da súa inmediatez. Pero de cando en vez aparece un novo dato, traspasamos unha nova barreira que nos obriga a parar o ritmo e preocuparnos por unha realidade de difícil solución. 


Por primeira vez, en Galicia hai máis persoas maiores de 85 que nenos menores de 5. A nosa pirámide poboacional está prácticamente invertida, un caso atípico que non se dera nunca. Os últimos datos de poboación ofrecidos polo IGE, ademais de confirmar que Galicia segue perdendo habitantes, revélannos esta inédita inversión demográfica. A 1 de xaneiro de 2014 residían en Galicia uns 108.000 nenos menores de 4 anos, frente a máis de 103.500 anciáns de máis de 85. 


A tendencia é evidente se comparamos os datos cos de tan só 10 anos atrás. No ano 2005 había uns 101.700 nenos menores de 5 anos, fronte a tan só algo máis de 71.000 anciáns de máis de 85. Pódese comprobar como este último grupo aumentou en máis de 30.000 persoas nos últimos 10 anos. 


No resto de grupos de idade a tendencia ao envellecemento tamén se amosa de forma clara. Se no ano 2005 o grupo de idade máis numeroso era o dos mozos entre 25 e 29 anos, en 2010 pasou a ser o grupo de entre 30 e 34 e agora xa se atopa entre 35 e 39. 


As causas deste proceso non son novas. A baixada da natalidade viuse acentuada pola crise económica, que tamén forzou a moitos mozos e emigrantes a deixar a comunidade. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE