Comeza a Copa do Obradoiro

Os galegos tentarán dar a sorpresa nunha competición na que por primeira vez exercen de anfitrións


|


Este xoves comeza na Coruña unha Copa do Rei moi especial para o baloncesto galego. O Obradoiro xoga a súa primeira fase final nesta competición, exercendo ademais de anfitrións do torneo. 


Os galegos tentarán dar a sorpresa coa vantaxe de xogar na casa, malia que as opcións de levarse o torneo son escasas, despois de todo son o equipo con menor orzamento dos 8 propostos. 


Pero a ilusión non se apaga, os xogadores chegan emocionados a unha cita na que tentarán ofrecer o seu mellor nivel, pero concentrándose en disfrutar dunha experiencia pola que se levaba moito tempo agardando. Nas redes sociais o Obradoiro está recibindo un gran número de apoios, de feito xa ten a súa propia etiqueta de ánimo en twitter, #Copadoiro. 


Os galegos estrenaranse este venres ás nove e media da noite xogando contra o Baskonia, un equipo poderoso que os derrotou recentemente na Liga. Antes, este xoves abrirá a competición un partido entre o Barcelona-Bilbao (19:00) e outro entre Valencia-Herbalife-Gran Canaria (21:30). O venres, antes do Obradoiro xogarase o Real Madrid-Fuenlabrada (19:00). 


A previsión é unha competición igualada, na que ninguén se atreve a apostar por un claro favorito. Nos últimos anos o Barcelona e o Real Madrid coparon títulos e finais, pero este ano tanto o Baskonia como o Valencia chegan fortes e poderían alzarse co título. 






Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE