#Claves de la semana

Detido o presunto responsable dunha explosión en Santiago

O detido está acusado de colocar un artefacto explosivo no portal dunha vivenda da rúa de San Lorenzo, en Santiago de Compostela


|

Sanlourenzo



Un home de 49 foi detido pola Policía Nacional, acusado de colocar un artefacto explosivo no portal dunha vivenda da rúa de San Lorenzo, en Santiago de Compostela. Terá que responder por un suposto delito de danos, fabricación de explosivos e ameazas. 


En concreto, os feitos remóntanse ao pasado 28 de decembro, cando, sobre as 7,30 horas, se produciu unha pequena explosión desta rúa compostelá. Ao lugar desprazáronse numerosos efectivos policiais, que confirmaron existencia de danos materiais no portal dun dos edificios.


Na zona, atopáronse partes dun artefacto explosivo de fabricación caseira, cuxos compoñentes non chegaron a deflagrar na súa totalidade.


Desde un primeiro momento os investigadores descartaron o carácter terrorista da explosión e vinculárono a unha "motivación de carácter persoal". Por iso, a investigación centrouse nun individuo co que a vítima mantiña rifas desde facía uns anos.


A investigación culminou o pasado luns coa detención do presunto autor, ao que se lle interveu durante un rexistro no seu domicilio diverso material vinculado coa confección do artefacto explosivo.


O home, de 49 anos e ao que lle constan diversas detencións por feitos diferentes, foi posto a disposición do Xulgado de garda, que decretou o seu ingreso en prisión.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE