Ana Pontón tratará de liderar o BNG

A deputada liderará a candidatura proposta pola dirección do partido para sustituir a Xavier Vence


|


Ana Pontón acaba de formalizar a súa candidatura para converterse na nova líder do BNG. A deputada encabezará a candidatura 'oficial' da formación, proposta esta sábado polo Consello Nacional con vistas á próxima Asamlea Nacional que se celebrará o 28 de febreiro, na que se escollerá o relevo de Xavier Vence. 


Pontón confírmase por tanto como a aposta do máximo órgano de dirección do bloque para liderar o partido. Podería converterse na primeira muller que exercera o cargo de voceira nacional do bloque. Como número dous da candidatura, presentarase Goretti San Martín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.


Aínda hai tempo para que aparezan novas candidaturas, o prazo oficial remata o vindeiro martes. 



PERFIL


Ana Pontón é militante da Unión do Povo Galego (UPG), co que, de facerse coas rendas do Bloque, sería a primeira ocasión en que este posto recae nun membro da forza hexemónica do BNG, tras os liderados de Xosé Manuel Beiras, Anxo Quintana, Guillerme Vázquez e Xavier Vence.



Esta licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, nacida en Sarria (Lugo) en 1977, exerce na actualidade como viceportavoz do BNG no Parlamento galego e procede das mocidades nacionalistas Galiza Nova. Accedeu ao Consello Nacional do BNG en 2001 e tres anos despois recalou no Parlamento galego.



A só uns meses das eleccións autonómicas, previstas para o próximo outono, a XV Asemblea Nacional, na que poderán votar 2.852 militantes, pretende rearmar á formación nacionalista tras diversos declives electorais, o último deles nos comicios do pasado 20 de decembro, cando o BNG quedou fóra do Congreso dos Deputados por primeira vez desde 1996.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE