#Claves de la semana

A chapuza do Gaiás pagarana as constructoras

A Xunta asegura que a revisión de 70.000 pedras nas fachadas da Cidade da Cultura non recaerá sobre os galegos


|



A Cidade da Cultura pasará un ano máis entre andamios, despois de que aparecese un fallo de construcción que obrigará a revisar 70.000 pedras nas súas fachadas ante o risco de desprendemento. Pero a Xunta asegura que o custe  desta chapuza non recaerá sobre os galegos, senón que terá que ser pagada polas constructoras que cometeron os fallos. 

Alberto Núñez Feijóo asegura que o que se esá plantexando é "liquidar os problemas que nos atopamos como consecuencia dunha execución deficiente da obra". Como consecuencia, asegura que serán as empresas que executaron de forma ineficiente as obras as que terán que pagar as novas obras: "isto non lle pode custar aos galegos porque non é culpa dous galegos". 


Sobre este tema tamén se pronunciou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, garantindo que serán as empresas adxudicatarias as que asumirán o custe de desmontar e volver a colocar as pedras no exterior de tres dos catro edificios da Cidade da Cultura. En concreto, haberá que asegurar as fachadas do Museo Centro Gaiás, da Biblioteca e Arquivo de Galicia e do Centro de Innovación Cultural. 


Estas novas obras no Gaiás foron acollidas de forma moi crítica polo BNG. Piden explicacións, xa que consideran "moi grave" que "despois de gastar 300 millóns de euros nunha obra desas características, onde ou único valor que hai é a arquitectura, esa arquitectura estea agora caendo a cachos».


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE