#Claves de la semana

O BNG busca a forma de "retexer" o nacionalismo

Arranca a XV Asamblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego, unha cita clave na que se debate o alcance da renovación do partido e a estratexia para as vindeiras eleccións


|


O Bloque Nacionalista Galego afronta este domingo unha cita decisiva, cunha Asamblea Nacional clave para o futuro da formación. Sobre a mesa está o contido e alcance da refundación que segundo varios dirixentes precisa o partido, ademais da estratexia para as vindeiras eleccións autonómicas. 


O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, non repite como candidato. Pero aínda así foi o encargado de abrir a Asamblea, chamando a "retexer" o nacionalismo nunha única sigla, cunha "única lealdade e unha única dirección". Aínda así, aboga por una "alianza táctica" nas eleccións galegas para  "derrotar a hexemonía do PP".


Xavier Vence apelou a superar a "fragmentación" que caracterizou ao nacionalismo ao longo da súa historia, antes da fundación do BNG en 1982 e despois da asemblea de Amio de 2012, tras a cal se produciron as grandes escisións na organización frontista.



"Aquí falta moito nacionalista", proclamou Xavier Vence, quen incidiu en que o nacionalismo necesita "a flexibilidade dun xunco". Así, manifestou que hai que "buscar apoios" como fan os mariñeiros, que "van á marea: hai que botar as redes onde hai peixe", con "refundación e alianzas".



En canto á refundación, Vence advertiu de que non se pode quedar en "repintar" a organización. "Necesitamos atraer nova xente, novas formas para ampliar o proxecto. Máis que siglas, xente", salientou o portavoz nacional saínte, quen defendeu que "hai que combater a idea de que o nacionalismo é un asunto identitario".



"Derrotar ao PP é a prioridade en 2016, para frear o desastre económico-social e a laminación do autogoberno, para elevar a conciencia nacional e avanzar cara á soberanía. Temos unha oportunidade única e temos que ser os primeiros en mover ficha para conseguilo", remarcou.



Vence asegurou que é unha cuestión de "patriotismo e responsabilidade" co país, pero tamén co "propio proxecto" nacionalista. "2016 é un ano crave e temos que acertar", aseverou o portavoz nacional saínte, quen dixo que foi unha "honra" estar á fronte da organización nacionalista durante estes tres anos.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE