#Claves de la semana

A CIG reivindica que estamos nun "bo momento" para mobilizarse

A falta dunha maioría absoluta no Congreso dos Deputados tradúcese para a CIG nun "momento político bo" para mobilizarse, esixindo a derogación inmediata das reformas laborais e a 'lei mordaza'.


|



A falta dunha maioría absoluta no Congreso dos Deputados tradúcese para a CIG nun "momento político bo" para mobilizarse, esixindo a derogación inmediata das reformas laborais e a 'lei mordaza'. 


O secretario xeral da CIG, Suso Seixo non ten claro qué pasará no panorama político estatal. Pero está convencido de que en ningún caso haberá maiorías absolutas, "ben sexa  coa correlación de forzas que hai hoxe ou ben se se repiten novas eleccións". 


Ante esta situación, ve máis fácil a posibilidade de tentar "a través da mobilización e a presión social", que o goberno que se remate formando sexa receptivo ás súas reivindicacións. Recoñece que en principio un goberno formado por forzas da esquerda debería ser "máis receptivo", xa que de feito algunhas formacións levaban no seu programa a derogación da reforma laboral e da 'lei mordaza'. Pero amósase desconfiado, porque "unha cousa é o que leva nos programas e outra o que se aplica despois".


"Para iso é fundamental que estea o movemento obreiro e a mobilización social, para presionar, para que non se esquezan do que prometeron", remarcou. Ademais, comentou que aínda que o goberno que se constitúa se inclíne "máis á dereita", "na medida en que non hai maiorías absolutas, coa presión do resto de forzas políticas e da rúa se poderá conseguir tamén esas derrogacións".


O secretario xeral lembrou que están a organizar asembleas como a deste martes en distintas cidades de Galicia para conmemorar o Día da clase obreira galega, que se celebra o día 10, e denunciar a situación de "enorme precariedade e perda de condicións de vida da clase obreira, as dificultades do sector primario, e a expoliación na enerxía e recursos financeiros".


Ademais, criticou que tamén as "contrarreformas laborais e as políticas económicas aplicadas polos gobernos de España e Galicia, trouxeron consigo o incremento das desigualdades sociais, a pobreza, a exclusión social, e o enfraquecemento da clase traballadora e os seus mecanismos para defender os seus dereitos".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE