#Claves de la semana

Cerdedo e Cotobade queren preguntarlle aos veciños pola fusión

Acaban de solicitarlle á Xunta un informe xurídico que determine a posibilidade de celebrar consultas populares en ambos municipios.


|


Os concellos de Cotobade e Cerdedo queren preguntarlle aos veciños sobre o seu proceso de fusión, por iso acaban de solicitarlle á Xunta un informe xurídico que determine a posibilidade de celebrar consultas populares en ambos municipios.


O alcalde de Cotobade, reivindica o "proceso participativo" no que quere convertir o proceso. "Asegúrovos que non estamos a pensar nas próximas eleccións, porque, si así fóra, non estariamos a iniciar este proceso. Estamos a pensar nas próximas xeracións", sentenciou.


Paralelamente, Cubela confirmou que continuará con todo o proceso de información veciñal posto en marcha en cada unha das parroquias de ambos os municipios e con todos os colectivos. "Ninguén nos pode acusar de escurantismo", asegurou o rexedor.


Mentres tanto, a fusión segue coa súa tramitación coa apertura do período de exposición pública, que está dispoñible para a presentación de alegacións.


Na Casa Consistorial de Cotobade tamén compareceron en rolda de prensa os representantes da Plataforma 'Non á fusión Cerdedo-Cotobade', que valoraron a iniciativa dos alcaldes de expor unha consulta popular.



"Parécenos ben a consulta da que falou Jorge Cubela", dixeron, aínda que sinalaron que antes esixen que se informe aos veciños "con estudos de verdade e auditorias externas" sobre a "situación real" dos concellos, "e non con folletos". "Os veciños merecemos saber toda a verdade antes de votar algo tan importante", aseguraron.


relacionada A fusión de Cerdedo e Cotobade divide aos veciños
relacionada Cerdedo-Cotobade marca o camiño
relacionada Chega a segunda fusión de municipios
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE