#Claves de la semana

Máis dun millón e medio para os asesores da Xunta

Sumando o persoal de apoio, xefes de gabinete e xefes de prensa obtemos un gasto de 4,7 millóns. Os sindicatos lévanse máis de 10 millóns


|


A Xunta acaba de activar o seu portal de transparencia e bo goberno, unha páxina que nos ten permitido acceder a datos que ata agora descoñeciamos, como os soldos dos asesores do goberno e demais persoal de apoio. 


Descubrimos que a Xunta conta con un total de 53 asesores, que se levan un total de 1,6 millóns de euros cada ano, tocando a unha media duns 30.000 euros por cabeza. Se sumamos os soldos de xefes de gabinete, xefes de prensa e persoal de apoio obtemos un total de 4,7 millóns de euros. Esta cifra supón, segundo a Xunta, un 35% menos do que se gastaba en 2008, cando segundo indican o persoal destas categorías cobraba 7,2 millóns. 


O portal de transparencia tamén detalla os 65 contratos de dirección ligados aos entes da Xunta, con retribucións que varían entre os 33.518 euros do director-xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico, e os 67.848 do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo.


OS SINDICATOS LÉVANSE MÁIS DE 10 MILLÓNS


No portal de transparencia tamén se detallan os gastos relativos á actividade sindical do sector público autonómico, que concreta que hai 832 traballadores que traballan neste ámbito na administración xeral, sanidade e educación. 


O custo total calculado pola Xunta é de 10,6 millóns, dos cales a meirande parte corresponden á administración xeral. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE