A Xunta promete reducir o seu gasto en alugueres

|


A Consello da Xunta comprometeuse esta mañá a reducir considerablemente o que gasta en alugueres, aproveitando mellor os seus edificios en propiedade. En concreto, Alberto Núñez Feijóo comprometeu unha reducción do 76% do gasto en alugueres durante os vindeiros dous anos, aforrando máis de 5,5 millóns de euros. 


Feijóo falou dun plan "ambicioso", que continúa a labor realizada nos últimos anos, nos que segundo dixo xa se reduciu o gasto en alugueres nun 30%



Para conseguir esta aforro a administración autonómica apostará polo aproveitamento do patrimonio propio, concentrando espazos administrativos, unificando a imaxe corporativa de espazos pertencentes á Administración, e implantando unha xestión integral e unificada dos mesmos.



"Trátase, en definitiva, aproveitarse ao máximo o que temos, de sacarlle o máximo rendemento ao patrimonio inmobiliario da Xunta e de seguir traballando por unha Administración máis útil para os cidadáns", remarcou.



Neste sentido, coa proposta de aproveitar o antigo Hospital Xeral de Vigo para as instalacións xudiciais como exemplo, avanzou que o plan actuará nas cidades onde hai unha maior concentración de servizos públicos.




"Imos presentar proxectos para Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago, e en Ferrol tamén estamos a estudar espazos que a medio prazo poden quedar baleiros", remarcou, aínda que evitou concretar o contido dos plans, á espera de que o faga a Consellería de Facenda.



Preguntado polo caso concreto do antigo hospital de Lugo, sinalou que a situación é similar á de Vigo --o edificio quedou sen uso ante a posta en marcha dun novo centro hospitalario--, e que se puxeron sobre a mesa proposta como "usar parte" do edificio para "instalacións da Xunta".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE