#Claves de la semana

Feijóo: “Prefiro non decir nada ata que teña algo que decir”

O presidente da Xunta segue sen aclarar o seu futuro, días despois de asegurar que se plantexaba deixar a política para buscar o seu futuro no ámbito privado.


|


O presidente da Xunta segue sen aclarar o seu futuro, días despois de asegurar que se plantexaba deixar a política para buscar o seu futuro no ámbito privado. Recoñece que se montou un revuelo bastante amplio durante a última semana, na que apareceron teorías para todos os gustos sobre as súas intencións. Pero prefire remitirse unha vez máis aos seus prazos, limitándose a asegurar que “a imaxinación non ten límites, e ante a imaxinación non caben desmentidos posibles”.


Alberto Núñez Feijóo insiste en que conta conque o PPdeG sexa o primeiro partido con candidato para as vindeiras eleccións autonómicas. Adianta que este mesmo venres se celebrará un comité de dirección do partido, que convocará á Xunta Directiva non “moito máis aló da Semana Santa, se é posible na semana seguinte”. Desta nova cita sairá a data do congresos, ordinario ou extraordinario, do que sairá o candidato dos populares.


Ante a insistencia dos xornalistas, Feijóo insiste con que “estamos en prazo” e pide que se respeten os seus tempos. Ante as especulacións da última semana, asegura que non dixo “nada novo” cando asegurou que se plantexaba deixar a política. Pero tamén se amosa convencido de que ante o “revuelo” que se montou, a partir de agora “case prefiro non decir nada ata que teña algo que decir”.


Asegura que segue concentrado non goberno de Galicia, e promete que pouco a pouco irán “desaparecendo as especulacións para verse sustituidas por feitos”. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE