Alertan contra o aumento das multas nas protestas cidadás

|



Varias plataformas sociais, como 'Stop desafiuzamentos' ou 'Esculca' alertaron este venres sobre un incremento das sancións económicas que se están aplicando por actos de protesta cidadá en Galicia


O voceiro do Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, Xosé Manuel Pacho, amosouse "alarmado", critica duramente unha tendencia sancionadora que pretende "someter a fiscalización o dereito a resistencia" dos cidadáns, algo que para el "non é o camiño". 


Como exemplo presentan o caso dunha militante do BNG ourensano que recibiu unha multa de 110 euros "por desobediencia" durante un acto contra o derribo dunha casa. 


Esta militante, chamada Ximena González, asegurou que está acusada de "saltar un cordón policial", cando segundo dela o único que se produciu foi unha identificación. "Un policía pediume o DNI e eu deillo. Meses despois chegoume unha multa económica a través da nova lei", explicou. 


Considera "absolutamente impresentable que por estar nunha convocatoria e dar soporte uns veciños teñamos que pagar por esa solidaridade", sinalou antes de asegurar que considera este tipo de multas unha forma de presión para aumentar o medo a mobilizarse. 



Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress