AGE reclamará que a Xunta xestione o Dolme de Dombate

|


Alternativa Galega de esquerda defenderá no parlamento unha iniciativa para que a Xunta se faga co control do Dolme de Dombate, xestionado na actualidade a través dun polémico convenio entre a Deputación da Coruña e o concello de Cabana de Bergantiños.


A iniciativa será defendida polo deputado Xabier Ron, que considera que "un concello pequeno non pode contar cos recursos suficientes para manter como se merece un ben de dimensión internacional como é o Dolme de Dombate".


Para esta formación sería máis axeitado que a titularidade da xestión pasase á Xunta de Galicia, que podería encargarse de establecer os convenios de cooperación oportunos co concello de Bergantiños. A través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, podería encargarse de velar pola integridade dun "ben sobranceiro, de valor incalculable e único para todas as galegas e galegos".


Hai que recordar que a xestión actual do monumento podería estar poñendo en perigo a súa conservación, segundo denunciaron colectivos ecoloxistas como Salvemos Cabana, que asegura que se está primando o obxectivo "de traer visitantes a miles ao xacemento pero sen prever as posibles consecuencias". 

relacionada Nova polémica en torno ao Dolmen de Dombate
relacionada ​Dolmen de Dombate, ¿restauración ou maquillaxe?
relacionada Salvemos Cabana considera la cesión de la gestión del Dolmen de Dombate "una tomadura de pelo"
relacionada La gestión del Dolmen de Dombate podría poner en peligro su conservación

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress