As estradas galegas énchense nos días grandes da Semana Santa
A DXT prevé que se produzan un total de 869.000 desprazamentos en Galicia ata o domingo

Chegan os días grandes da Semana Santa e con eles un dos períodos máis intensos do ano nas estradas galegas, nas que moita xente intenta chegar ata os mesmos lugares nun espazo moi reducido de tempo.
A DXT prevé que se produzan un total de 869.000 desprazamentos en Galicia ata o domingo con motivo da segunda fase da operación especial de tráfico da Semana Santa.
A través dun comunicado, lembran a importancia de extremar as precaucións ao volante durante estes días, así como de facer uso do cinto de seguridade.
A semana pasada a Garda Civil e a DXT realizaron unha campaña especial de control e vixilancia do uso de cinto de seguridade, así como dos sistemas de retención infantil.
Como resultado, en sete días os axentes controlaron case 51.000 condutores e pasaxeiros nas vías galegas, dos que 287 foron denunciados por non facer uso do cinto. En canto aos sistemas de retención infantil, controláronse 1.130 vehículos e denunciouse a oito adultos.
Escribe tu comentario