Comeza un corte de dúas semanas na autovía do Barbanza

Cortarase o tráfico preto do concello da Pobra do Caramiñal co obxectivo de reforzar un talud


|



A autovía do Barbanza permanecerá cortada dende este luns ata o vindeiro 8 de Abril preto do concello da Pobra do Caramiñal, co obxectivo de mellorar a estabilidade dun talud. 




En concreto, cortarase a circulación sentido Ribeira  no punto situado no Concello da Pobra do Caramiñal, a poucos metros da ligazón da Pobra norte, segundo precisou a Xunta nun comunicado.



A duración das tarefas de reparación será de dúas semanas, polo que a reapertura  se producirá o venres 8 de abril, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan



Para a execución dos traballos en condicións de seguridade, tanto para os usuarios da vía como para os traballadores, é necesario realizar un 'by pass' co corte total da calzada dereita --sentido Ribeira-- entre os puntos quilométricos 29+900 --xusto antes do inicio da ligazón A Pobra norte-- e o 33+011 --un quilómetro antes do enlace sur da Pobra--.



Deste xeito, todo o tráfico neste treito circulará pola calzada esquerda --sentido Padrón-- en dobre sentido de circulación.



AG-11



Como consecuencia do cambio de calzada descrito, quedará anulada a saída da ligazón de Pobra norte para o tráfico que discorre pola calzada en sentido Ribeira, polo que os usuarios deberán seguir ata a ligazón de Pobra sur e dar a volta pola AG-11.



Doutra banda, tamén quedará cortada a incorporación á AG-11 cara a Ribeira en Pobra norte, tendo que utilizarse a AC-305 como alternativa e incorporarse na ligazón da Pobra sur, ou dirixirse pola AG-11 cara a Boiro para dar a volta alí.



Así mesmo, o Goberno galego sinalou que os paneis de mensaxería variable (PMV) da autovía informarán desta circunstancia de forma clara e visible.



As tarefas, que executará a Sociedade Concesionaria Autovía do Barbanza, consistirán no tendido do talud actual para reducir o seu pendente mediante o saneo e retaludado na zona do desprendemento, deixando unha zona case horizontal de cas

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE