#Claves de la semana

Unha caravana-protesta de conductores portugueses cruzará o Miño para repostar

A iniciativa, organizada a través das redes sociais, pretende protestar contra os prezos do combustible en Portugal



|


A diferencia de prezos no combustible entre Galicia e Portugal non é nada novo. Os galegos estamos acostumados a encher o depósito antes de cruzar a fronteira e non é nada raro que os nosos veciños decidan cruzar a fronteira para aforrar uns euros na súa reportaxe.



O ministro de Economía portugués, Caldeira Cabaral, reavivou recentemente a polémica apelando ao "civismo" dos portugueses para que non acudiran a repostar a España.



Unha recomendación que non pensan respetar en absoluto un grupo de conductores portugueses que están organizando unha gran concentración de vehículos particulares para o vindeiro domingo 10 de abril, que cruzará o Miño en caravana para repostar na localidade de Tomiño.



A iniciativa, organizada a través de facebook, leva por nome 'O Minho vai a Espanha abastecer'. Pretenden protestar contra os elevados prezos do combustible en Portugal, dándolle unha chamada de atención para o goberno en funcións, que decidiu aumentar os impostos sobre os combustibles.



Diogo Oliveira, un dos impulsores da iniciativa, asegura que nos vindeiros días se desenvolverán todas as dilixencias necesarias coas autoridades policiais portuguesas e españolas para poder levar a cabo esta protesta de forma pacífica.



Polo de agora, os interesados en participar están convocados ás 14:00 en Viana do Castelo, pero nos vindeiros días habilitarase un formulario de inscripción co obxectivo de distribuir aos conductores por diferentes estacións de servicio e evitando perturbar a circulación das noesas estradas. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE