#Claves de la semana

Democracia Ourensana convértese no primeiro partido con candidato para a Xunta

O partido confía en poder obter dous ou tres representantes no parlamento galego


|



Feijóo segue sen aclarar o seu futuro, no PSdeG están pendentes das primarias, no BNG pensan na refundación... E o caso é que seguimos sen candidatos para a Xunta. O propio presidente da Xunta dixo recentemente no Parlamento que aspiraba a que o PPdG se convertese no primeiro partido galego con candidato... pero non contaba con Democracia Ourensana. 


O partido ourensán presentou este marte ao avogado Miguel Caride como candidato para a Xunta de Galicia, que se marcou como obxetivos "ser chave" para impulsar políticas económicas e dmográficas que reivindiquen a Ourense fronte ás do arco atlántifco". 


O líder de Democracia Ourensá (DO), Gonzalo Pérez Jácome, mostrouse confiado en que a súa formación política obteña dous ou tres representantes no Parlamento galego nas próximas eleccións autonómicas.


Para este prognóstico baseouse no cálculo de que cada representante precisará do respaldo de 11.000 votos. "Nas últimas eleccións, en tres concellos conseguimos 15.000 votos, agora que son 92 poderemos conseguir tranquilamente 22.000 votos, que serían dous parlamentarios, ou 33.000 votos, que serían tres", dixo.


O encargado de lograr este obxectivo será o avogado de DO Miguel Caride, ao que Pérez Jácome cualificou como "a persoa ideal para abanderar este proxecto" e para "defender o cabalo de batalla" da súa formación para as próximas autonómicas: a provincia de Ourense.


OURENSE, A "CINCENTA" DE GALICIA


"Ourense é a cincenta de Galicia. Imos poñer sobre o tapete a bestial discriminación da provincia", sinalou Pérez Jácome. Para o líder de DO "o pouco investimento" que se fixo en Ourense nos últimos anos "é a causa da nosa pobreza".


Pola súa banda o cabeza de lista, Miguel Caride, confirmou que non se presenta coa intención de formar parte do Goberno da Xunta, senón para servir como "chave" e lograr para a provincia "diñeiro e políticas inversionistas" que supoñan a posta en marcha dun modelo que faga fronte aos problemas que sofre a provincia.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE