#Claves de la semana

A Xunta considera que a Cidade da Cultura "se vai afianzando"

O BNG fala dun "fracaso absoluto", con cifras de visitantes moi inferiores "ás do Aquarium da Coruña",


|



A Xunta reivindicou unha vez máis o proxecto da Cidade da Cultura, asegurando que "paso a paso" se vai afianzando". O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, fala dun espazo que progresivamente vai adquirindo máis contidos. 


Tamén reivindicou os 400 emprendedores que traballan no espazo de coworking do Gaiás ou eventos como a feira Womex e a SPIN 16, que reunirá a universidades latinoamericanas neste espazo: "son eventos que están a encher" este lugar.


Pero a o BNG segue vendo un "fracaso absoluto", con cifras de visitantes moi inferiores "ás do Aquarium da Coruña", Critica que se destinen "miles de euros de recursos públicos cando non existe proxecto cultural", considerando que o Gaiás vai camiño de converterse nun "bluf ou unha cidade pantasma".


A voceira nacional do Bloque, Ana Pontón, asegurou que lle parece "obsceno" que se incrementaran "un 30 por cento" os fondos que se destinan á Cidade da Cultura para este ano e que se gasten 25.000 euros diarios en manter "abertos" os edificios, tendo en conta a situación do país e do sector da cultura.


"Creo que debería actualizar o seu discurso", espetou, na réplica, o conselleiro de Cultura, quen acusou á deputada de "seguir ancorada nos tópicos que non van a ningún lado".


Así, convidouna a quitarse a mirada "partidista e partidaria" e visitar a Cidade da Cultura con "miras máis amplas". "Houbo un momento en que eran os paladines do seu defensa contra vento e marea", remachou.

relacionada A historia do téxtil galego desfila polo Gaiás
relacionada A chapuza do Gaiás pagarana as constructoras
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE