#Claves de la semana

A neve dificulta a circulación en Lugo e Ourense

A peor situación está na montaña de Lugo, onde a circulación é difícil para chegar a varios núcleos de poboación en concellos como O Cebreiro, A Fonsagrada ou Cervantes.

 

|


Tralas inundacións e problemas circulatorios que deixaron as choivas este mércores, agora chega o turno da neve. A entrada dunha fronte fría en Galicia baixou as temperaturas, provocando nevadas que están dificultando a circulación en vías principais da montaña de Lugo e Ourensa, así como nalgunhas estradas secundarias. 




En concreto, segundo a información da DXT, a peor situación está na montaña de Lugo, onde a circulación é difícil para chegar a varios núcleos de poboación en concellos como O Cebreiro, A Fonsagrada ou Cervantes.



Así mesmo, é necesario o uso de cadeas para transitar polo Alto do Poio, en Pedrafita do Cebreiro. A circulación é difícil neste tramo da LU-633, ata o quilómetro 20, onde está prohibida a circulación de autobuses, camións e articulados.



Do mesmo xeito, tamén se require precaución para circular por mor da neve na autovía A-52 á altura da Gudiña (Ourense), entre os quilómetros 112 e 132.



Por outra banda, continúan os problemas de tráfico na estrada AC-433 en Ponteceso (A Coruña), onde a circulación está interrompida por desprendementos causados polas fortes choivas deste mércores no quilómetro 5,2.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE