​Traballadores e usuarios abrazarán o antigo Hospital Xeral en defensa da sanidade pública

|


“A unión é o que xera a forza”. Esa é a idea da plataforma SOS Meixoeiro, que pretende que os traballadores de todo o Chuvi unan forzas contra a “privatización da área sanitaria máis castigada de Galicia”, sen importar se traballan no Cunqueiro, no Meixoeiro ou no anexo do Xeral.


Chámanos a todos a rodear o antigo Hospital Xeral o vindeiro 15 de Abril, nunha protesta que intentará repetir o éxito do abrazo ao Meixoeiro, secundado por unhas 3000 persoas, e que podería servir como anticipo da manifestación convocada en Vigo para o vindeiro 12 de maio. Protestarán contra todas as carencias da área sanitaria, aproveitando para reivindicar que o anexo 1 do Xeral conserve os seus usos sanitarios en vez de entrar a formar parte da Cidade da Xustiza que ocupará a meirande parte do antigo hospital.


A medida foi anunciada este xoves nunha asamblea convocada por SOS Meixoeiro, na que o seu presidente Miguel Alonso chamou a todos os traballadores do Chuvi a rebelarse contra a “privatización” da área sanitaria antes de que sexa tarde. “Non temos consciencia de clase traballadora. Calamos e escondemos a orella. Se esto fóra o metal, o Cunqueiro estaría queimado”. “Darlle publicidade aos problemas dos usuarios é unha obriga”.


Acusan á xerencia de estar “mareando a perdiz”, conversando con pequenos grupos de traballadores pero sen aportar solucións. “Están deixando que pase o tempo, que nos acostumemos a este sistema, a traballar precariamente”.


Por iso chaman a loitar contra unha situación que “non mellorou” nos sete meses que leva aberto o Hospital Álvaro Cunqueiro. Sinalan problemas comúns para a toda a área como a falta de camas ou de persoal, o colapso de urxencias mentres no Meixoeiro “hai 100 camas pechadas”. Tamén denuncian o encubrimento das elevadas listas de espera ou a precariedade laboral que converte ao Sergas na “peor ETT de España, que contrata por horas”.


Tamén sinalan cómo se está perdendo a capacidade de atender á área sanitaria de Vigo, quedando “anclados” á cesión de pacientes cara o hospital privado de Povisa, un hospital que está “incumprindo o convenio firmado co Sergas”.


A estas queixas de asistencia sanitaria únense os problemas que está traendo a privatización de servizos como a comida ou a limpeza. Traballadores e usuarios recordaron a satisfacción xeralizada que había co servizo de comidas do Hospital Xeral, fronte á comida “con mal olor” que aporta a concesionaria do Cunqueiro, que a miúdo “chega fría” e que nin sequera respeta os horarios: “ás veces chegan as cenas ás nove da noite e ás veces ás dez e media”, sinalou unha das voceiras da plataforma. 


Parécenlles razóns de sobra para apoiar o abrazo do 15 de abril e a manifestación do día 12 de Maio, convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi e pola asociación SOS Sanidade Pública. Pero ademáis, tamén aproveitan para pedirlle ao partido popular que “por favor se una ao resto de partidos” que están pedindo o rescate do hospital de Vigo. 

relacionada O PP impide de novo o rescate do Cunqueiro, "un gran hospital" de carácter "público"
relacionada El gran abrazo en defensa del Meixoeiro
relacionada Trabajadores y ciudadanos se unen en un gran abrazo al Meixoeiro
relacionada El área de Vigo saldrá de nuevo a la calle por la sanidad pública

1 Comentarios

1

A QUE HORA?

escrito por Manuel Enriquez Prieto 01/abr/16    10:32

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress