#Claves de la semana

​‘O Polígono nunca visto’ celebra os 50 anos de San Cibrao das Viñas

Expourense acolle unha feira que celebra o medio século do "motor económico" da provincia


|




O polígono de San Cibrao das Viñas cumpre medio século como “motor económico” da provincia de Ourense, unha efeméride que se celebra por todo o alto. Expourense acolle entre hoxe e mañá a 80 empresas ubicadas no histórico polígono que exhiben os seus productos e experiencias empresarias, dentro dun programa que tamén inclúe espectáculos científicos, demostracións, mesas redondas e conferencias sobre emprendemento e innovación.


A feira leva por nome ‘O polígono nunca visto’, está organizada pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao e foi inaugurada este venres nun acto que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente da deputación de Ourense, Manuel Baltar.


O responsable autonómico reivindicou unha “historia de éxito que debemos coidar e protexer", recordando que no polígono de San Cibrao das Viñas "traballan a metade das medianas empresas da provincia”. Ademais, aproveitou para anunciar que a Xunta está traballando para situar no polígono "unha estación ferroviaria de mercadorías" e que xa se consignaron "15 millóns de euros para a conexión viaria entre o polígono e a autovía".


Pola súa banda, o presidente da Deputación reafirmou no acto inaugural "a alianza estratéxica que mantén a institución provincial co Polígono de San Cibrao, motor económico da provincia", e subliñou a importancia dos proxectos que ámbalas dúas entidades desenvolven conxuntamente, entre os que citou o Servizo de Emerxencias que a Deputación sufraga no recinto empresarial, "unha colaboración público-privada que puxo en marcha a Deputación de Ourense hai 50 anos e que se visualiza en proxectos que favorecen o crecemento e o impulso competitivo do Polígono de San Cibrao".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE