#Claves de la semana

​"Delirios químicos" no Macizo central

O proxecto para instalar unha planta de produción de metanol no entorno de Viana do Bolo esperta a firme oposición de varias asociacións ecoloxistas


|




O proxecto da empresa Paratermo Energía SL para instalar unha planta de produción de metanol e hidróxeno no entorno de Viana do Bolo (Ourense) ten espertado unha forte oposición por parte de varias asociacións ecoloxistas, que denuncian un proxecto "fantasioso, faraónico e ambientalmente moi prexudicial", que prevé instalarse a escasa distancia de varios espazos protexidos.


En concreto, foi a Sociedade Galega de Historia Natural a que puxo o foco sobre o proxecto, denunciando que prevé situarse a menos de 6 km do Parque Natural do Invernadoiro, a menos de 2 km do macizo central Ourensán e nun tramo do río Camba incluido na "proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia".


Dende Adega recolleron o testigo da denuncia falando de "delirios químicos" no Macizo Central e expresando a súa sorpresa porque a planta pretenda ubicarse "sobre chan rústico nun espazo fóra das diversas superficies industriais da provincia de Ourense, moitas delas infrautilizadas", estando afastada das principais vías de comunicación precisas para o transporte da materia prima (unha 100.000 Tm/ano de carbón).


Recordan que o transporte do carbón dende Asturias e León "xerará importantes emisións de gases de efeito invernadoiro, alén dos derivados do proceso químico de gasificación". Ademais, denuncian que o proceso de gasificar carbón para obter metanol e hidróxeno precisaría un elevado consumo de auga (preto de 40.000 m3/ano) que bombearán do río Camba. 


Paralelamente, as asociacións ecoloxistas tamén cuestionan a viabilidade da empresa promotora, considerando que intenta "cazar subvencións de administracións incautas".  Aseguran que non conta con financiamento para facer fronte aos investimentos requeridos polo proxecto, uns 54 millóns de euros, pretendendo sufragar a maioría dos custos mediante créditos (35 millóns) e subvencións e axudas públicas (2,8 millóns).


Denuncian que o principal promotor do proxecto xa estivo involucrado en tres mega-proxectos similares (todos fallidos) para a produción de metanol e hidróxeno empregando enerxía solar e ocupando sempre grandes extensións de terreos rústicos, en Granadilla de Abona (Tenerife, 2009), Tabernas (Almería, 2012) e Bergantiños (A Coruña, 2015); os dous primeiros iniciados sen permisos e paralizados pola administración. Nestes dous casos, as empresas responsables reclamaron indemnizacións por lucro cesante, que lle foron denegadas.

AMEAZA PARA A AGUIA REAL


A todas estas obxeccións engaden que a instalación da empresa incumpriría a lei de protección do paisaxe e implicaría a alteración dunha ampla área cun hábitat de interese comunitario.


Pero destacan as consecuencias que podería ter para a aguia real (Aquila chrysaetos) especie en perigo de extinción que nas proximidades da futura planta industrial, conta cunha das escasas parellas reprodutoras de Galicia.


Sinalan que esta especie é "moi sensible ás molestias de orixe antrópica durante o período reprodutivo". As perturbacións humanas no entorno dos niños poden provocar " o desprazamento das aguias a zonas menos óptimas para cazar". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE