#Claves de la semana

Augas de Galicia estuda actuacións para prever novas inundacións en Sada

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, reuniuse co alcalde de Sada, Benito Portela para abordar posibles actuacións para axudar a impedir novas inundacións no concello.



|



O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, reuniuse co alcalde de Sada, Benito Portela para abordar posibles actuacións para axudar a impedir novas inundacións no concello. 


Rodríguez comprometeuse a estudar as propostas do concello, como un tanque de tormentas e o bombeo intermedio da Edar de Sada, pero aclarou que o primeiro será  "realizar unha avaliación da rede de saneamento da vila coruñesa para determinar a necesidade destas instalacións".


Sinala que será posteriormente, "de ser o caso", cando se realicen os proxectos correspondentes. Respecto á mellora da canle urbana do río Maior, acordouse "profundar" por parte dos técnicos nas distintas alternativas que poidan existir "para sacar adiante unha proposta destas características, tendo en conta as limitacións urbanísticas que existen", apuntan desde Augas de Galicia.


Sobre as causas das inundacións, os técnicos incidiron na confluencia de "varios fenómenos excepcionais durante horas nun mesmo sitio". Respecto diso, Augas de Galicia sostén que as canles dos ríos estaban "en perfectas condicións de limpeza".


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE