#Claves de la semana

​Os comités de Navantia esixen o "cesamento fulminante" do presidente

O conselleiro de Economía aconsella manter a "confianza" na dirección polos seus "éxitos" coa eólica mariña e o concurso para a construción de dous buques para Australia.


|




As perdas económicas e a "nula carga de traballo" parécenlle motivos abondo aos comités de empresa de Navantia en Ferrol e Fene para demandar o "cesamento fulminante" do presidente da compañía pública, José Manuel Revolta, e de todo o seu equipo directivo.


Recordan que no último exercicio se rexistraron perdas de "224 millóns de euros", multiplicando por oito as rexistradas en 2014. "Non entendemos estes resultados, cando se asegura dende a dirección que as vendas se incrementaron e os salarios dos traballadores continúan conxelados desde o ano 2009", advertiu.


O presidente do comité de empresa do astaleiro de Ferrol, Javier Galán tamén denunciou a "nula carga de traballo a pesar dos anuncios realizados polos responsables do Partido Popular". Recorda que o buque flotel para a petroleira Pemex está "na súa fase final" cun Buque de Acción Marítima (BAM) para a Armada Española "a un ritmo moi retardado e cuxa colocación de quilla está prevista para o próximo 29 de abril".


MANTER A CONFIANZA


As demandas dos comités de empresa foron rápidamente replicadas polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que pediu manter a "confianza" na dirección de Navantia polos seus "éxitos" coa eólica mariña e o concurso para a construción de dous buques para Australia.


Asegura que todo o equipo directivo está a "tentar reverter unha situación de dificultade que ten un compoñente histórico desde o punto de vista das cargas estruturais que ten a compañía".


Neste sentido asegurou que tanto a directiva como a propia Xunta siguen traballando "para impulsar unha maior carga de traballo; nestes momentos temos un feito e unha realidade que é que Navantia gañou un concurso en Australia para a construción de dous buques de combate", indicou. Sobre esa licitación, dixo que "está simplemente pendente das especificacións técnicas e da súa entrada en vigor".





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE