#Claves de la semana

Compromiso por Galicia irá pola súa conta ás eleccións galegas

Os militantes rexeitaron unha posible confluencia con En Marea de cara aos vindeiros comicios


|


Compromiso por Galicia irá pola súa conta nas próximas eleccións galegas, presentando unha candidatura en solitario en lugar de apostar por unirse á confluencia de En Marea. 


A decisión foi tomada este domingo na Convención Nacional do partido celebrada en Teo, co apoio directo do 71% dos mlitantes do partido, fronte ao 29% que apostaron por sumarse á coalición integrada por Podemos Galicia, Esquerda Unida e Anova nas últimas eleccións xerais. 


Tras esta decisión, o secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas, subliñou "a calidade dos debates e dos argumentos expostos", así como "o alto grao de participación da militancia".



"Este é un proxecto que se constrúe con poucos recursos, pero no que somos donos no noso destino e co centro de decisión en Galicia", defendeu Bascuas.



Acto seguido, asegurou que hai xente que votaba ao PP ou a Cidadáns, pero que agora "desexa votar en clave galega". "Hai xente no PSOE que está cansada de votalos e agora ten unha opción socialdemócrata en Compromiso e xente que tradicionalmente votaba BNG e que agora tamén ten unha alternativa galeguista en Compromiso", relatou.



Por iso, sostén que se conseguen explicar o seu proxecto, entón está "seguro" de que Compromiso "dará moitísimo que falar nos próximos anos".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE