#Claves de la semana

​Aparecen decenas de vacas mortas ou esfameadas nunha granxa de Chantada

A Garda Civil investiga ao propietario por un presunto delito relativo á protección dos animais domésticos


|



Axentes do Seprona atópanse investigando ao propietario dunha explotación gandeira situada en Chantada, na que apareceron unha 40 vacas mortas e varias máis vivas pero nun estado "lamentable e esfameado".


Cando se desprazaron ata a granxa investigada, os axentes puideron comprobar "as pésimas condicións sanitarias e estruturais que presentan as instalacións, onde no momento da inspección atoparon 20 bovinos nun estado físico lamentable, presentando aspecto esfameado e extrema delgadez, con feridas abertas en todo o corpo".


Tamén advertiron "un espesor de abono que supera os 50 centímetros, observando restos de esqueletos e cadáveres de animais que se foron descompoñendo" ata quedar enterrados.


Os axentes tamén atoparon diferentes sacos cheos de "restos óseos e putrefactos de cadáveres mesturados con restos de abono". Xa no exterior das instalacións con aínda máis cadáveres "en diferentes estados de descomposicióne catro bovinos máis amarrados a unha estrutura metálica, "con signos de desnutrición, feridas e co corpo cuberto dos seus propios excrementos".


Tras comprobar os feitos, procedeuse á inmovilización da explotación gandeira e á investigación do titular da gandería como presunto autor dun presunto delito relativo á protección dos animais domésticos (malos tratos animais), co resultado de polo menos 40 animais bovinos mortos e 24 con signos de desnutrición.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE