#Claves de la semana

​Os afectados pola hepatite C cargan contra a "falta de empatía e compaixón" de Feijóo

Insisten en que houbo casos de tratamentos retrasados por cuestións orzamentarias e retan ao presidente  a "vencellar o seu futuro político " ao proceso que investiga a dous altos cargos do Sergas 


|


A Plataforma galega de Afectados pola Hepatite C non pensa quedar calada no proceso que investiga a dous altos cargos do Sergas por retrasos nos tratamentos desta enfermidade. Insisten en que houbo casos de fármacos retrasados por razóns orzamentarias, aportan documentación que cuestiona as cifras do goberno e critican moi duramente as declaracións dos investigados, do conselleiro de Sanidade e do presidente da Xunta.


O propio Feijóo foi un dos blancos mais atacados por Quique Costas, presidente da plataforma. Considera "indigna" e unha "falta absoluta de respeto á memoria das vítimas" as declaracións nas que o presidente asegurou que "por dous ou tres pacientes" non lle parecía "lóxico" relacionar as mortes coa austeridade.


Costas fala de "falta de empatía e compaixón" que lle produce un "dano deliberado a prescindible" ás familias das persoas falecidas. Reclama excusas do presidente, canto menos polas formas, e rétao a "vencellar ao seu futuro " ao proceso que investiga a dous altos cargos do Sergas que mantén nos seus cargos.


Ademais, dende a plataforma confirman que están persoados como acusación popular no proceso e avisan de que contestarán todas as "mentiras" que detecten. Nese senso, presentan datos que cuestionan as cifras de gasto e pacientes tratados aportadas pola administración, aseguran que coñecen "erros materiais documentais" na documentación aportada polo Sergas e adiantan a súa impresión de que poden emerxer novos delitos ou máis persoas imputadas. 


RETRASOS EN TRATAMENTOS


Dende a plataforma de afectados insisten en que houbo retrasos de tratamentos por motivos orzamentarios dende que se aprobaron os medicamentos de última xeración ata que se aprobou o plan estatal para administralos en abril de 2015.


Citan o caso concreto de pacientes que viron denegado o tratamento un mes antes, en marzo dese mesmo ano. Despois de meses agardando, os afectados entenden que a comisión interpretou que os doentes ben podían "esperar un mes máis a que o plan se puxera en marcha", ironizando con que se trata dunha decisión cun criterio "evidentemente clínico".


CIFRAS "FALSAS E IMPOSIBLES"


Consideran "falsas" e "imposibles" as cifras de gasto e de pacientes tratados ofrecidas pola administración. En Galicia a Xunta fala de 75 millóns gastados nos tratamentos, pero dende a asociación consideran que para que esa cifra fose correcta debería incluir os novos tratamentos, pero tamén todos os demais dende 2012, o coste dos seus ingresos hospitalarios, dos transplantes que se efecutaron...



Sinalan que os novos tratamentos custan unha media de 13.500 euros, polo que habería que tratar uns 5.500 pacientes para chegar ao nivel de gasta sostido polo Sergas, unha cantidade que non reflicte a realidade para os afectados. 


A XUNTA SEGUE RESPALDANDO AOS INVESTIGADOS

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este xoves unha vez máis que se "actuou correctamente", seguindo "criterios clínicos", polo que reafirmou o seu respaldo para os dous cargos investigados. 


Rueda respondeu así durante a roda de prensa posterior ao consello da Xunta, que presidiu dada a ausencia de Feijóo, que se atopa de viaxe oficial en Sudamérica. 


Asegura que se acreditará a máxima corrección da labor da comisión na comparecencia prevista polo conselleiro de Sanidade para a semana que vén, na que se acreditará que toda a actuación foi "pensando sempre no interés supremo, que é a saúde pública". 


Tamén asegurou que a Xunta non "mentiu en ningún caso", e lamentou o calificativo de "indigno" que lle atribuiron a Feijóo os afectados. Asegura que pode entender a reacción dos familiares, baseada nas "emocións peronais", pero iso non quere decir que as súas palabras teñan "fundamento real". 


relacionada ​Almuíña confía en que se archive la causa por los retrasos de tratamientos de hepatitis C
relacionada Feijóo deberá responder personalmente por los retrasos en tratamientos de hepatitis C
relacionada ​La Fiscalía ve indicios de homicidio imprudente en los retrasos de los fármacos de hepatitis C
relacionada Piden la cabeza del gerente del Chuvi tras su imputación por retrasos en fármacos de hepatitis C
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE