#Claves de la semana

Feijóo reivindica Galicia como "porta de entrada" das inversións arxentinas en Europa

Feijóo reuniuse co presidente de Arxentina, Mauricio Macri, no marco da visita oficial que está levando a cabo neste país suramericano.

 

|



Alberto Núñez Feijóo reuniuse co presidente de Arxentina, Mauricio Macri, no marco da visita oficial que está levando a cabo neste país suramericano. 


O presidente da Xunta aproveitou a ocasión para destacar a importancia de que Arxentina conte con Galicia como "porta de entrada a España e Europa", unha posible entrada das inversións arxentinas no noso continente. 

"Na visita puxémonos a disposición e o que nos expuxo é que quere que o axudemos, na medida das nosas posibilidades, a modernizar o país e dar seguridade á xente que queira vivir e investir aquí; e para nós é moi importante que Arxentina conte con Galicia como porta de entrada a España e Europa", asegurou. 



Feijóo agradeceu a Macri que "fixese un oco" para poder recibilo e lembrou os seus encontros na súa etapa política pasada, cando era a primeira autoridade en Buenos Aires. "Agora velo na Casa Rosada é unha oportunidade que non queriamos deixar de ter", esgrimiu.



Á marxe de agradecerlle que Santiago sexa a invitada de honra da Feira do Libro de Buenos Aires, o dirixente galego asegurou que ten  a "sensación" de que Macri quere "modernizar a economía arxentina, dar seguridade e estabilidade, baixar a inflación, controlar o déficit, sanear o país, e mellorar as infraestruturas e servizos públicos".



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE