En Marea reclama no Congreso máis fondos para previsión de riscos laborais
Falan dun incremento de accidentes mortais dun 4,3%, 500 mortes que deberían "causar estupor e alarma social"
A Comisión de Emprego do Congreso votará este martes unha proposta de En Marea que aposta por aumentar os recursos destinados á prevención de riscos laborais, así como a plantilla da Inspección de traballo.
Na iniciativa a deputada Yolanda Díaz alerta da tendencia ascendente da siniestralidade laboral, que tamén denunciou recentemente UGT en Galicia.
Díaz fala dun incremento de accidentes mortais dun 4,3%, 500 mortes que deberían "causar estupor e alarma social", xa que segundo ela responden sobre todo ao "recorte de recursos" para prevención, á "profunda precariedade" do mercado laboral e á ratio de inspectores de traballo.
A deputada de En Marea recorda que a sinistralidade tamén ten un coste económico, ademais das evidentes consecuencias en saúde e vidas. Cifra o coste das xornadas de traballo perdidas nuns 900 millóns de euros anuais para as arcas do estado.
Por todo eso reclama que o Congreso inste ao Goberno a incrementar os recursos presupuestarios destinados a prevención de riscos laborais, dedicando especial atención ás súas causas e á prevención de accidentes graves e letales, e deseñando plans específicos para os sectores productivos de alto risco.
Escribe tu comentario