O BNG tratará de "converter nunha oportunidade o fracaso das forzas estatais"
Ven a repetición das eleccións como unha oportunidade para que "Galicia volva a ter unha voz propia no goberno do estado

O BNG valora a repetición das eleccións xerais como unha oportunidade para que " Galicia volva a ter unha voz propia no goberno do estado", despois de que o seu partido non conseguira acadar representación en decembro.
Ana Pontón, voceira nacional do bloque, pretende "converter nunha oportunidade o fracaso das forzas estatais", despois de varios meses de "paripé" nos que segundo ela "Galicia estivo desaparecida" e quedou demostrado que "non había vontade para construir unha alternativa" para o goberno de Mariano Rajoy.
Acusa aos representantes galegos no Congreso de esquecerse de defender os intereses propios e mesmo "das promesas que fixeron en campaña" e aboga por "recuperar unha voz firme" en defensa de Galicia no Estado.
Escribe tu comentario