#Claves de la semana

Méndez Romeu déixase querer

O voceiro parlamentario despunta como o nome mellor posicionado para converterse no candidato do PSdeG á Xunta. E segue sen decir que non. 



|


Entre dimisións e descartes, un nome ten aparecido con forza en todas as quinielas sobre o candidato á Xunta do PSdeG. Xosé Luis Méndez Romeu, veterán voceiro parlamentario dos socialistas, segue sendo o nome mellor posicionado na carreira cara as recén anunciadas primarias do partido que elexirán o candidato para a Xunta o vindeiro 28 de maio. 


Sempre respetuoso cos tempos da política, Méndez Romeu non di nin que sí nin que non, aínda despois de que o seu rival a batir, Alberto Núñez Feijóo, o sinalara como probable novo líder dos socialistas en varios debates parlamentarios, Méndez Romeu. 


No mesmo día no que se anunciaron as primarias do partido, Méndez Romeu déixase querer e segue se confirmar nin descartar se se presentará ao proceso interno do partido, insistindo a que hai que esperar "a que se abra o procedemento". "As decisións ten que adoptarse no momento necesario e executarse no momento oportuno", defendeu este mesmo venres. 


Iso sí, o voceiro parlamentario quixo lanzar un aviso. Considera que tras "catro meses de debate político intenso" é imprescindible "introducir novas caras" nas listas para as eleccións xerais de xuño. 



Defende a necesidade de "aprender algo da experiencia frustrada nos últimos meses", convencido de que haberá cambios nalgúns casos "porque os interesados renuncian" e noutros "porque as circunstancias evolucionan". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE